lunes, 23 de enero de 2012

A HISTORIA DE ALMANZOR EN BAIONA

Almanzor e o seu engaño das campás.

Son dúas e cantan, ledas ou tristes, a cotío. Chamábanas Fátima e Aurora, e eran elas as que transmitían as novas, boas ou malas, por todo baiona. Unha –Aurora- era grandota e ancha, e soaba cun son serio pero doce, así coma rifa unha nai a un neno pequeño. Pola contra, Fátima era máis cativa e leda, e o seu canto era o dunha moza que vai lavar ó río e canta cantigas de amigo.

Refírome, claro está, ás campás da Colexiata.

Antes, cando nin televisión nin apenas radios había, que as xentes xuntábanse no bar dos músicos, no Burgo, ou no furancho que había preto do Gurugú, que o levaba un tal Vicente de Panxón, que eran dos poucos que tiñan radio, e escoitábanse os partidos de fútbol e as touradas, que sempre houbo boa aficción en Baiona por elas. Pero as novas que non aparecían, nin nos podían contar dos xornais os poucos que sabían ler, aquelas que afectaban máis cercanamente ós veciños, isas transmitíanas Fátima e Aurora.

Cando unha morte castigaba a algún veciño, cando unha enfermidade grave acosaba a outro, nas horas de Ángelus e de Rezos, ou cando un novo rapaciño daba nado na comunidade, Fátima e Aurora soaban prestas para que todo o mundo coñecese a noticia. Isto esixía, por parte do sacrinstan, unha pericia especial, xa que existían moitos tons, agora xa perdidos, para que ó que escoitar ás campás, soupese cal era o acontecemento que se comunicaba.

Nas cousas alegres, coma bautizos e nacementos, Aurora soaba aguda e louca con tal forza, que se chegaba a escoltar ate en Baredo. Nas mortes, grave anunciaba co seu tañer Fátima o deceso. Nas mais delas, as dúas cantaban a coro en larga ou curta sintonía, segundo procedera.

Nunca tan aventureras foron unhas campás, nin tola a súa historia, coma as de Baiona.


O Victorioso por Alá. Caudillo de Al Andalus. Almanzor espertaba o temor ala por onde fose, e mais se era en terras cristiáns. Era un verdadeiro rei sabio e guerreiro. Ampliou e someteu ó Califato de Córdoba a moitos reinos cristiáns que escomezaban a  rebelarse, e sen embargo ampliou a fermosa mesquita de córdoba, creou centos de hospitais, escolas e bibliotecas, e aínda construiu mais mesquitas polos seus territorios, ate algunhas en Galicia coma na comarca Das Terras Entre Rios de Ourense (no pueblo que, aínda que centos de anos derruída, se lle coñece aínda como A Mezquita).

Cando Almanzor consideraba que un reino cristián comezaba a ter demasiado poder, ou demasiada autonomía, atacaba a ese reino con dureza, destrozando aldeas e tomando botín das cidades mais ricas do territorio atacado. Tiña Almanzor un exército sen igual de mouros, que avanzaban rápidamente en fermosos corceis e sementaban o pánico cos seus alfanjes afiados. Chamaban a esas rápidas campañas de devastación razzias.

Almanzor preparou naqueles tempos de mouros e cristiáns unha terrible razzia que afectaría a Galicia. Sabedoiro da fama e do poder do arcebispado de Santiago de Compostela, e da forte influenza do santuario cós restos do Apóstolo nos reinos cristiáns, preparou ás súas tropas para avasalar o territorio galaico.

No ano 997 da nosa era, o cobarde Don Pedro de Mendoza, Arcebispo de Santiago, en vez de enfrontarse ó perigo, escapou da cidade e fuxiu cara a Oviedo, onde o reino de Asturias era impenetrable aínda ate para os mouros. A cidade foi evacuada polos cregos da catedral, que trataban de portar as reliquias e riquezas da sede, namentres Almanzor se dirixía, saqueando Braga, Ourense e Lugo, á cidade das peregrinacións, á simpar  Compostela.

A historia é ben sabida, pero non o que houbo detrás, e que somentes os mais vellos de Baiona recordaron. Dises non queda ningún, e somentes lendas e contad dos tempos dos mouros confirman ista lenda fremosa.

Almanzor asolou Santiago, e aínda que respetou o Santo Sepulcro, por medo ó Apóstolo Matamouros, destrozou a igrexa das peregrinacións, tomou catrocentos esclavos cristianos, e coas campás da igrexa de Santiago ó lombo, voltou de camiño a Córdoba.

Quixo Deus ou a Casualidade que decidira voltar por Padrón e Pontevedra, para aumentar o seu botín, e que chegando ó río Miño, unha forte enfermidade asaltase ós seus homes e mais ós esclavos cristiáns. Todos referían fortes febres, cansanzo e mais dores en todo o corpo. Temeroso de que unha plaga asolase a súa expedición, e que algúns señores feudais pudiesen tratar de facerlle caer nunha emboscada naqueles terras descoñecidas, parou o seu avance.

Decidiu, pois, instalarse nunca pequeña pero inexpugnable fortaleza rodeada e mar por cáseque tódolos seus costados, con fortes bastiones e cunha posición natural moi vantaxosa. Situábase ista fortaleza preto dunha antiga vila mariñeira, que coñecía por escritos romanos sobre as batallas do gran Julio César contra os bárbaros celtíberos, e da que sabía podían facerse unha boas defensa en caso de seren atacados. Foi así como Almanzor estableceu seu campamento en Monte do Boi, en Baiona.

Alí, as extrañas febres atacaron á maior parte dos homes, pero non así ós nobles e mandos das tropas, polo que, pensou, a extraña enfermidade debía ser consecuencia da falta de alimentación. Almanzor saqueou a comida de todo o val, e con ela alimentou ós seus homes, que se reestableceron en días. Non así os esclavos, dos que ninguén se preocupara e dos que finara caseque a metade.

Para segui-lo camiño, plantexábase un problema, xa que os esclavos dos que dispuña non eran suficientes para levar as campás da igrexa de Compostela, que bautizara coma Fátima, nome da súa filla mais querida, e mais Aurora, traducción do nome de Subh, a raíña dos mouros, da que contan era amante de Almanzor. Sen embargo, o caudillo mouro non quería esclavizar ós baioneses, que os acolleran, deran de comer, e non lle causaran problemas na súa estancia na vila. Pódese decir que severo, duro e mais sen embargo tamén agradecido e xusto eran adxectivos para él.

Tamén contan os vellos que fitara namorado naquel periodo dunha loira galega, e non quería ós seus fermosos e azuis ollos mostrar unha imaxe de terrible caudillo guerreiro que asolase a súa vila amada.

Sexa cal tal, naquel entonces, comezábase as obras de ampliación dunha das igrexas de Baiona, que se estaba construíndo na Plaza das Execucións (xa que as penas de morte se facían executar naquela explanada, á vista de tódolos veciños), e que posteriormente se ampliaría ate ser a nova Colexiata de Santa María.

Era daquela que se estába construíndo un Campanario que sería caseque tan grande coma o da Catedral de Tui, sede do bispado, dado o enriquecemento da vila por mor do comercio marítimo.


 Almanzor pronto maquinou que, dado que este campanario contaba con dúas campás de menores proporcións, tanto daban unhas que as outras, e unha noite colgou as campás de santiago do campanario da igrexa, e mandou levar as do campanario novo polas compostelás, a hombros dos esclavos cristians.

Contan que todo isto o fixo con homes ós que cortara a língua, para que non puideran contar o que fixera, e que os matou non ben pisaron o chan de córdoba.

Así e coma Baiona quedou, sen que case ningén o soubese,, coas campás de Santiago de Compostela.

Disque está escrito que cando o Santo Rei Fernando Terceiro conqueriu Sevilla, e fixo retornar as campás á catedral de Santiago de Compostela, os composteláns abraiábanse de que estas campás soaban mais claras e agudas, e todos deron dun milagro de Santiago pola ledicia das mesmas campás ó voltar ó caron do Santo Sepulcro.

Nas misas repicaban alegres. Chamaban a oración, a Ángelus e a rezar o Avemaría. Nunca se dera cunhas mouras que tanta piedade espertaran coma Fátima e Aurora, as campás que podes ver e sobre todo,e scoitar, no campanario da ex Colexiata de Santa María de Baiona.

No hay comentarios:

Publicar un comentario