jueves, 10 de febrero de 2011

A VERDADE

Daban as seis do serán na Berenguela, a torre do reloxio da catedral, e orballaba miúdo polas rúas de Santiago, quedando as pedras de granito que conformaban o chan e as fachadas dos edificios do casco antigo con esa pátina brillante e fermosa que somentes se da na cidade compostelana.

Mario ía camiñando polas rúas, de vagar, a modiño e sen rumbo. Fitaba ós viandantes ó seu paso polo seu carón, e ía deténdose, de cando en vez, nalgúns escaparates das tendas que lle chamaran a atención. Coma non ceara, os que máis o chamaban eran os de comestibles, especialmente os vellos ultramarinos case centenarios que estrelaban o casco antiguo, e que presentaban un aspecto case cinematográfico: parecían tendas deseñadas para velas en películas en branco e negro.

Ás veces fitaba para uns chourizos e unas cacheiras. Outras veces para vellas latas de conservas, con cores vívidas na tapadeira. Notaba ben que o fame lle remexía no bandullo; a pesaren de ser un soño, dábase conta da fame que tiña aquela noite.

Porque, sí, o seu paseo era onírico xa que logo Mario, acostárase cedo e dera en chegar á hora das compras a Santiago. Xa cando comezara a andar pola rúa era consciente de atoparse nun soño, e coma era un soño agradable, como xa dixemos, co seu orballo, localizado na fermosa cidade de Santiago, e vendo tendas con todo luxo de detalles, pensou que o mellor era disfrutar nos brazos de Orfeo.

O que ata entonces non caera era na súa fame, xa que logo a súa frugal cena con un pouco de fruta, e a dixestión temprana, xa que se acostara cedo, non deberan copa-lo seu apetito. Iso enoxouno un pouco xa que para un día que un ten un soño agradable, en vez de ir a vellas tendas de artesáns ou ás xogueterías que por aló se ía atopando, sitios que lle compracían moito, a súa tendencia física leváballe ós comestibles irresistiblemente.

De todas formas, se se podía decir, era un soño en alta definición. Polo seu carón pasaban decote deceas de persoas con diferentes rostros e aspectos: aló viña un señor traxeado e gordo coma un cocho, camiñando con prisa, que semellaba chegar tarde a algunha reunión de negocios. Pasaba agora por unha tenda onde un grupo de rapazas, todas moi xoves e guapas, observaban con ansia o escaparate dunha coñecida marca comercial italiana de alta costura. Unha vella fraca asaba castañas nun caldeiro meirande que ela, no fin da rúa, xusto onde comezaban as proximidades da praza das Praterías, e parecía chegarlle o arume dos ourizos mollados e dos leños a se consumir. O que se dice, High Quality Surround, que lle chamarían os americanos.

Xusto cando pasaba a carón da castañeira, chamou a súa atención un edificio situado á súa esquerda. A pedra branqueada e o exceso de ventanais (en comparación para cos cánones medievais do recinto) testemuñaban unha recente restauración do edificio, coma moitos museos, bancos ou edificios oficiais nas proximidades. O deseño do edificio en orixe, era moi coidado, con volutas nas fiestras con pequenas balconadas, cun portalón grande e cun relieve que trataba de semellar uns anxelotes sostendo algún tipo de pano. Riba do porton, un cartelón metálico e iluminado mostraba a rotulación no negocio “La Verdad”.

O cartel do establecemento chamoulle poderosamente a atención, de tal forma que entrou, xa que logo non se vían escaparates nin expositores onde consultar a mercaduría do negocio. O establecemento, observou cando traspasou o umbral, era amplo e cun estilo moderno e que chamaríamos minimalista. Á dereita presentábanse uns sillóns de pel branca, que xunto con moita iluminación indirecta de focos e candelarias dixitais daban unha sensación de calidez e asepticidade a un zaguán que na edificación original debera ser sombrío e húmido.

Un pequeno mostrador se atisbaba ó final da sala, xusto na marxe de entrada para outra sala meirande, que se vía ampla e aínda mais luminosa que a primeira. “Meeting Point”, suxería un carteliño sobre o mostrador. Semellaba a recepción dun hotel, pero Mario non tivo que agardar máis que uns intres ate que unha rapaza loira e cun aspecto moi arranxado se achegara ó mostrador a atendelo.

-Buenos días, caballero, ¿qué desea?.

Quizais en outra ocasión Mario pediría que o trataran en galego, xa que era a súa língua de fala habitual, pero detectando unha entonación rioplatense no acento da rapaza, e mais que sendo aquela situación parte dun soño, tampouco era para poñerse intolerante.

-Buenos días señorita. Pues es que vi su negocio, y me preguntaba cuál era su finalidad.
-Nuestra finalidad?-Preguntó la chica, un tanto extrañada.
-Si… Verá… Es que jamás había oído hablar de La Verdad… y otras veces que he pasado por aquí no había reparado en su negocio…
-Ah! -Sonrío la señorita rubia, cuya chapa, situada sobre un generoso escote que Mario no pudo dejar de admirar, la identificaba como Sonia Montenegro.- Eso es normal porque esta agencia apenas lleva tres meses funcionando, pero nuestra corporación es una multinacional con presencia en más de catorce países.
-Pues… no la conocía. Y a qué se dedican?.
-Comercializamos, como nuestro propio nombre indica, la verdad.
-Cómo la verdad?.
-Pues la verdad… o las verdades, según se solicite.
-No le comprendo, señorita…em….Montenegro.
-No podría explicarle mucho más, pero si lo desea, le puedo pasar con uno de los comerciales que le detallará gustoso nuestro catálogo de productos.

Realmente, Mario non tiña intención de mercar nada, pero intrigado polas enigmáticas palabras da recepcionista, deixouse guiar ate a segunda sala, onde o sentaron diante dun xoven duns trinta e poucos anos, vestido de traxe e gravate, e con moi bos modais.

-Bos días, cabaleiro. Coméntame Sonia, a miña compañeira –Sinalou cun aceno á rapaza loira que, enfundada no seu vestido vermello daba un perfecto perfil mentres se retiraba, con andares felinos- que está interesado en coñecer a nosa carteira comercial. O Meu Nome é Xan e estarei encantado en atendelo.
-Home é que, a verdade, Xan, chamoume moito a atención que digan vender a verdade.
-Todos os tipos de verdade. –Corrixiu o comercial- Temos a Verdade a medias, a verdade coa boca pequena, as verdades coma puños, a verdade parcial, a verdade ilógica, a falsa verdade… Coma ve, o mayor surtido de verdades. Cál é a que a vostede lle interesa?
-Pero… Non digo que non sexan verdades… pero non é a Verdade.
-Todo é relativo. –Proseguiu o comercial.- As mais demandadas, se lle interesan, son as medias verdades, que se venden en lotes moi económicos, e a verdade tergiversada, a mais recomendada polos famosos e políticos.
-Xa pero… una media verdade non é realmente unha mentira? –Dixo Mario, xa picado polo desafío conceptual.
-Iso sí que é enrevesar un concepto –retrucou o tal Xan.- Pero se o que busca é unha verdade mais afinada, mais específica, pódolle pasar co noso departamento especializado. É bastante mais costoso, iso sí, pero podenlle preparar unha verdade personalizada en puntos e comas, unha verdade totalmente individual e ajustada ás súas necesidades. Cubrindo un test inicial fan un perfil de necesidades, e cunha serie de cuestionarios e unha entrevista personal cos nosos Personal Assistant, ajústana como un guante ó que vostede estea buscando, con garantia total de por vida. A que é unha boa oferta?.
-Si, moi boa. Pero estando eiquí… Por qué non alcanzar a Verdade con Mayúsculas?-Contestoulle Mario, dándose conta de que seguía nun soño, pero sen deixar de intrigarse polas verdades que alí vendían.
-Refírese a… A ver se o entendo ben, señor... Vostede estame pedindo o noso pack Premium?.
- E logo cal é?
-A verdade, A Verdade, Toda a Verdade e Nada Mais que a Verdade no mesmo Pack.

Mario sorriu. Aquela locura fixéraselle un complexo trabalenguas dialéctico pero agora… podría coñecer a Verdade total da vida, do mundo, do universo, da humanidade… ¿nun soño? ¿Quizabeis se hachase nunha revelación, coma as de Mahoma ou Jacob?. Todas as partículas do seu ser lle pedian coñecer, revelar isa verdade. A faciana e a sorpresa (e case temor reverencial) do comercial acerca de A Verdade, Toda a Verdade e Nada Mais que a Verdade non facía se non incrementar ise desexo.

-Iso...- Dixo o comercial- Teno que falar co Director da Agencia. É que o ser un producto tan exclusivo, somentes él está autorizado para comercializalo, chegado o caso. Pero sabe que é un producto terriblemente exclusivo... e caro. Será quén de pagalo?.
-Non te preocupes- Mario disfrutaba duns bos aforros no banco que lle podrían abrir as portas de calqueira capricho excesivo- Chama ó Director. Dame igual o precio. Quero A Verdade, Toda a Verdade e Nada Mais que a Verdade. -Dista volta, xa Mario cáseque esquencera que se achaba un soño.

O director viu ata o posto do asesor, escoltado por unha secretaria. Era un tipo alto, delgado, cun traxe e moi elegante. Polas mangas do traxe, perfectamente combinado, escintilaban dous xemelgos dourados. A gravata facía xogo cun pano que sobresaía polo peto da chaqueta e co forro interno, que ás veces fitaba, da americana. Os zapatos e o cinturón beige, tamén a xogo, eran de moi boa pel coirada, reparou Mario, que traballara como curtidor nunha época, en Chantada.

-Buenos días. Me llamo Martín Velasco, director de esta agencia.

Os modais eran exquisitos e expedía un cheiro feble a perfume caro. O cabelo, aínda que ralo e entrecano, estaba perfectamente peiteado e engominado. Un anel de casado brillaba na súa man esquerda.

-Mario Casás, encantado de coñecelo.

O Sr. Velasco meteuno no seu despacho, nunha entreplanta acristalada con dous ventanais: un que daba cara ó patio comercial, onde se achaba facía un momento, e outro con vistas á rúa, con unha excelente perspectiva das torres da catedral. Accedíase por unha escaleira de pedra, antiga, e todo o que no despacho se atopaba desprendia arume de calidade e luxo: O cubremesa de coiro, un sillón de pel, un par de cuadros que lle sonaban lixeiramente a Mario, a pesar de non ser experto en arte moderno, ou unha escultura de bronce, que se achaba tra-la cadeira de director. O chan era de madeira brillante cun tono rojizo, moi ben cuidado. Dende logo, a imaxe do despacho era impecable.

A secretaría trouxo dous cafés que previamente lle pediran –O meu con sacarina e curto de leite, pediu Mario- e deixounos solos. O director, tras unha pequena charla intrascendente, abriu diante de Mario unha caixa forte e sacou unha caixa do seu interior. Era unha caixa de madeira, moi pulida e sen barnizar, cuns tons ocres e que destilaba elegancia. Estaba lacrada e na súa cabeceira puña, en góticas letras metálicas La  Verdad, Toda la Verdad, y Nada Mas que la Verdad. Mario estremeceuse ó ve-la caixa… Pronto tería o coñecemento superior!!!

-Verá, don Mario. Este es nuestro producto estrella, y seguramente Xan ya le habrá advertido que resulta… elevadamente caro…

Outra vez volvera á conversa en castelán, pero Mario non estaba para dilemas lingüísticos… a excitación era cada vez maior… xa que se hachaba preto da verdade absoluta… E nons e ía deter ata lograla!.

-Sí. Sí, terriblemente caro. Pero yo quiero pagarlo. No me importa el precio. Déme La  Verdad, Toda la Verdad, y Nada Mas que la Verdad.. Yo le pagaré.
-Bien, estoy seguro de ello…pero yo primero le voy a decir el precio, y si usted está de acuerdo en pagarlo, le daré La  Verdad, Toda la Verdad, y Nada Más que la Verdad,  abrirá la caja y la tendrá. Le parece correcto?.
-Me parece bien, pero ya le dije que el precio no me importa. –Mario case que tocaba a caixa coas súas mans nerviosas- Dígame el precio y déme la caja, si eso le deja más tranquilo.
-El precio se paga en dos plazos. El primer plazo es perder a todos sus seres queridos, ya que de conocer toda la verdad los perderá. El segundo plazo es no volver a dormir en toda su vida, ya que no conocer nada más que la Verdad le impedirá conciliar el sueño, eternamente.

Mario quedou mudo. Mirou para a caixa, para o despacho, para o director. Retirou as mans da caixa, lentamente. Nunca algo que se lle antoxara tan atrativo perdera tan de súpeto ise interés.

-Creo que…tiene razon. La  Verdad, Toda la Verdad, y Nada Mas que la Verdad.  tiene un precio muy elevado. Quizá prefiera una verdad personalizada.
-Excelente elección-Dixo o Señor Martín Velasco, gardando a caixiña na caixa forte, pechándoa coa clave segreda, e chamando a un Personal Assistance.-No se preocupe, con una verdad a su medida, estará totalmente satisfecho, y el precio es totalmente asumible…