martes, 18 de enero de 2011

La Cala de las Sirenas

A CALA DAS SEREAS, LENDA DE BAIONA (ORIGINAL)

Contan que o conde de Gondomar tiña un único fillo. Un rapaz de non mais de catorce anos, que convivía co seu pai no castelo de Baiona. Conta a lenda que fitaba, namoriscado o rapaz, dunha das mozas, loira e fermosa, que decote soía tomar baño na praia que chaman dos frades, xa que os pais do mosteiro cercano baixaban a face-las súas lavativas aló.
Sen embargo, pronto os gardas, extranados que poidera entrar rapazada nos areais preto do castelo, viron que aló non aparecía ninguén, aínda que o xove conde aseguraba velas, tódalas mañás, bañandose por entre as pedras. Así cimentou o rapaz a súa fama de tolo, porfiando nisas istorias y mostrandose abertamente namorado dunha nena de ollos coma o mar e cabelo longo e dourado, que ninguén podía ver.

O señor conde, o pai do rapaz, agoniado pola súa loucura, decidiu acudir ós galenos, que aconsellaron reter e encerrar ó xove mozo nunha torre do castelo, para ver se así sanaba das súas ensoñaciós. Pero el segía perxurando ver ás rapazas, todalas mañas, na praia dos frades.




Unha mañá o rapaz desapareceu, escapado da súa prisión. Atoparon as súas roupas na area da praia, mais o xoven conde nunca apareceu. Hai quen dixo que, na súa locura, o mozo lanzouse ó auga e morreu afogado, na procura da súa rapaza de loiros cabelos. Pero os gardas calaron que viron, aquela mañá, unhas rapazas no profundo do mar, rindo e fitando para as praias que deixaban.

Ninguen se atreveu a poñerlles nome, pero dende aquel día está prohibido ir á isa praia antes de que o sol estea alto no ceo, e un cartel co novo nome avisa ó viaxeiro do perigo dise curruncho: a cala das sereas.



O xoven conde non voltou endexamais. Quizábes, feliz para sempre, quedou no fondo do océano con esa serea que lle arrebuñou o corazon. Quizáis morreu no intento de alcanzala, como decían os adultos: serios, realistas e conscientes. Pero dunha cousa estou seguro: o xoven conde perseguiu ate o final o amor e a súa felicidade, contra todas as consecuencias… e iso é un acto heroico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario