martes, 24 de enero de 2012

O CALLEXON DAS SETE ESQUINAS, LENDA DE BAIONA (Repetida, xa que semella haber problemas de acceso á orixinal)

A lenda do callexón das Sete Esquinas e o muro do Convento das Dominicas



Existe en Baiona un carreiro pequeno, ó que se accede por unha callexuela estreita e descoidada entre a botica nova e a plaza de abastos, dende a calle que agora llaman da Carabela La Pinta. É un calexón umbrío e un tanto extrano, e é que xa dende lonxe ten un áurea de misterio e perigo no que se envolve. Antes da restauración á que o someteron, vivía enmarcado polos seus dous altos muros de granito, húmidos y cheos de verdín e musgo,  e un sempre sucio chan de escura terra pisada enmarcaban unha pouco recomendable paraxe.

Na época medieval, transcurría entre as hortas do convento de clausura, que cultivaban as propias monxas dominicas, e as hortas particulares dalguns facendados. De ahí seu nome oficial “rúa entre as hortas” aínda que en Baiona tódolos veciños lle chamen o callexón das sete esquinas, e xa dende aquela época anterga corría fama do lugar coma pouco recomendable e mal frecuentado por malfeitores e truháns, que atopaban naquel carreiro escuro, angosto e pouco concorrido lar para súas escaramuzas, hurtos e trapicheos, cobrándose peaxe con sangue ó mal parado que transitase aquel estreito callexón.

Se cuestionas ós lugareños, contaranche a lenda de que si transcurrieres por ese callexón, tocando coa palma dá mesma mano as sete esquinas polas que transcorre, poderás ó cabo pedir un desexo ós fados ou ó destino na fuente na que desemboca.



Esa lenda, aínda extendida, non é de todo certa, xa que esa máxica condición, eo somente no ámbito amoroso e sentimental, e concorre en relación cuns feitos exemplarizantes que alí aconteceron.

Era Sofía a fermosísima filla de Don Gonzalo Fernández de Córdoba y Quesada, irmao do Conde de Gondomar. Como moza casadeira, a súa fama traspasara alén dos pueblos e vilas comarcais, xa logo que se trataba dunha xove doce de rostro e de cabello mouro coma o acibache, que enmarcaba unha anxelical figura. Pero coma filla miuda dunha das familias máis acaudaladas e nobles da comarca, non podía desposarse cun calqueira.

Sen embargo, Sofía era filla menor e preferida de Don Gonzalo, e seu xa ancián pai tíñaa consentida. Ela, soñadora e anhelante dises amores cabalerescos e corteses que lído tivera en folletins e poemas, solicitoulle a seu pai poñer unha proba de coraxe a aqueles candidatos á súa man. Debían todos aqueles que a pretenderan, pasar un ano enteiro á intemperie no muro do convento de clausura, pasando as penalidades e inclemencias do tempo e as incomodidades dun pobre mendigo, para poder toma-la súa man.

Aínda que idea descabellada, a Don Gonzalo pareceulle ben porque aquel que superara a proba daría seña folgada de virtude de cabaleiro, rectitude de costumes e fortaleza de ánimo, e aínda soñaba sía filla daquel galán que a desposara, por ela superara tódalas adversidades, tal y como coñecía dos libros de cabalería.

Así pois, sinalouse o día convenido en un de xaneiro, para facer coincidir os prazos co ano natural, e presentouse no muro das dominicas o máis granado da nobreza rexional. Alí hachábase un dos vástagos do duque de Lerma, o  coñecido Don Joaquín, alá parlaban animadamente o viuvo Don Carlos de Lamas e Don Alejandro Javier de la Trinidad, tío e sobriño, respectivamente, da casa dos Montenegro. Acullá se acomodaba entre almofadas traídas de Valencia e mantas zamoranas Don Diego Acuña, sobrino del Conde de Gondomar. Moitos otrous xóvenes nobles  hachábanse no murete en plazo convenido.



Tamén habían aposentado no mesmo non poucos xentilhomes, que se non era por nobleza das súas armas que puideran aspirar á dama, sí o eran pola da súa bolsa. Así estaban alí, entre outros, Juan de Calatrava, do cal seu pai era o maior sazonador de pescados da veciña vila de Redondela, o Daniel de Entre Ríos, fillo do mercante Don Guzmán de Entre Ríos, que poseía patente de corso para tres navíos, e comerciaba con outros oito máis da súa navieira na próxima ciudadela fortificada de Tui.

Uns alguaciles ían dende aquela mañan botando a farrapentos, truhans, e a todos aqueles que non demostrasen limpeza de sangue, ou condicions de ouro ou armas que lles permitisen aspirar á man da fermosa Dona Sofía. O cal non evitou que alguns cristianos vellos, de común artesans ou comerciantes, accedesen a dito concurso pese ó exiguo de súas bolsas.

Paseaban Dona Sofía e seu pai por entre os aspirantes, mostrando á xove a súa louzanía –premio para o mais valente-, pero decepcionada porque a maior parte dos aspirantes reposaban cómodamente entre decenas de criados e servos, sitos en cómodas tendas de campaña, con braseiros, mantas e viandas que facían da súa estadía gran diferenza coa penalidade que ela soñara e ideara pra elexir marido.

Comenzaron a pasa-los días, e pouco a pouco foron abandonando oseu sitio no muro alguns aspirantes. Ó principio deberon abandona-las dominicas aqueles cuxa estancia de vagar era máis gravoso para a súa bolsa, os comerciantes menos acaudalados e os nobles menos enriquecidos. Así, de vagar e paseniño, fóronse indo, baixo a atenta mirada de Dona Sofía -que vía cuán vana era a persistencia masculina- xa que decote comezaron a deixa-lo lugar moitos dos máis valiosos nobres por hastío, cansanzo ou aburrimento.

O pueblo tamén contemplaba esa competición extrana con curiosidade, e incluso alguns taberneiros avispados comezaron a facer negocio con apostas acerca do vencedor da mesma. Agora eran nove os aspirantes que quedaban, e  cando pasaba o mes de xuño xa só restaban tres deles. Coas primeras chuvias do inverno abandonaban outros dous.



Somenter restaba acomodado naquel muro Don Andrés de Comesaña y Sarmiento, bastardo do Conde de Gondomar, xove de facenda diminuída, pero de nobleza distinguida. Falaban del que era fero na batalla e no amor, e que ainda que non era fermoso, a súa presenza elevaba o ánimo da xente e inspiraba enerxía positiva a seus cercanos. Dona Sofía pronto fixouse nel, e cando quedou solitario no muro, algunhas veces achegábase a él disfrazada de campesiña ou de peixeira pra velo de preto, intercambiar algunhas palabras e curiosear polo único home que ó final, houbera sobrevivido a aquela criba.

Achegándose xa as datas da cristiana  Natividad, Comezou Dona Sofía a verse casada con Don Andrés, e seu pai, Don Gonzalo, a velo coma xenro e a prepara-los esponsais da súa filla. Unha tarde incluso achegouse a falar co xove e pechar alguns detalles do matrimonio da súa filla. Ademáis, non poucos habían apostado por el nas tabernas, polo que o pueblo en xeral tíñalle aprecio, e estimaba a súa presumible victoria. Todo o mundo parecía contento polo cariz que tomara aquela competición, e polos próximos esponsais de Dona Sofía.

Pasaron as calendas festivas; Noiteboa e Nadal, con frío e choiva, e abraiábase toda Baiona da estoicidade coa que perduraba o candidato no muro das Dominicas, cobixado entre algunhas mantas e alimentado polas viandas que lle facilitaban os veciños e achegados. Pasou a festividade da Matanza dos Santos Inocentes, e aproximándose o Aninovo, aprestabanse os detalles dos próximos esponsais, sendo xa un segredo a voces cada un deles.

Pasou o día, sin embargo, e outro máis e nacendo o día do mesmo 30 de decembro, a cidadanía amenceu en sorpresa maiúscula… o xove don Andrés non se hachaba xa no muro, e por tanto a aposta da boda de dona Sofía encontrábase deserta.



Todo eran suposicions e dúbidas, e non poucos veciños acudiron ó fogar dos Comesaña, aló pola aldea veciña de As Fontes de Bahíña, descubrindo atónitos que se hachaba o mozo alí, almorzando de bon apetito , e sin perde-la compostura.

Todos preguntábanlle qué causa o levara a abandoar a súa fazaña, tan próxima estaba a súa conclusión, e unha vez houbéranse allanado as exclamacións de asombro e o balbordo imperante, deu o xoven noble en falar.

-Fai pouco que, disfrazada de campesiña, con Dona Sofía houben topado e falado, xa que aínda ela non me coñecere, eu si din en reparar nos seus rasgos e xestos. Falou comigo seu pai e o rexidor cortesano, dando por feito a nosa unión. Falou comigo incluso o mismísimo Arcipreste do condado, preguntándome pola miña religión e fé cristiana.

Moitos veciños me levades preguntado, comentado e opinado acerca do romántico e fermoso da proba de amor que me fora imposta, e do moito valor e tesón que levo demostrado últimamente neste amor que no meu interior tiña e sen embargo, víame ás noites con frío, fame e penurias. Con tan so os abrigos e cobixos que, coma bos veciños, ofrecíadesme con honrosas intencions. Atopeime neste año famélico, xelado de frío, empapado de chuivas, e seco ate a saciedade. Viume Doña Sofía en todas istas circunstancias, e a pesaren de todo, ¿tan vano é seu amor, tan nula e a súa humanidade que fai meses que sabido era que eu mostrábame coma o único capaz de vencer-la súa aposta, e foi incapaz de evitarme  un mes, unha semana, un so día de sufrimento e de pesar?...

Si é así –cavilaba, máis para si mesmo que para o seu entregado auditorio- máis me vale huir a tempo que humillar a unha dama. Por eso marchei do muro, xa que non desexo esposarme con aquella a quen seu amor non acompañe seu corazón e súa ialma, e que sexa incapaz de evitarme unha miga de sufrimento, a pesares de que a miña devoción por ela sexa total e entregada a miña alma, miña facenda e meu honor.

E é por esta istoria, e pola infausta lembranza do xoven don Andrés e a necia dona Sofía Fernández de Córdoba, e sober todo por aquel amor que non foi, que tódoslos xóvenes, en leyenda e recordo daquel, diron en toca-las sete esquinas do callejón que vai dar ó muro das Dominicas, debendo reflexionar en cada unha delas na forza e no fruto de seu anhelante amor, en lembranza da persistencia do xove don Andrés, e facendo memoria de que, sen esa tenacidade e apoio común, todo sentimento remata por semellar vano ós  nosos ollos, e desaparecer, aínda o amor máis ardente; e que se o amor é real e sinceiro, evita máis que causa dor ó ser amado.





NOTA DO AUTOR:


A LEnDA PROMETE FORTUNA AMOROSA Ó QUE PASE POLO CALLEXON DAS SETE ESQUINAS, TOCANDO AS MESMAS COA MESMA MAN. AGORA PASAR XA NON E TERRIBLE NIN DÁ MEDO (NON FAI TANTO TEMPO SÍ QUE O DABA) ASÍ QUE APROVEITA E LANZA UNHA MOEDA CARA Á FONTE QUE EXISTE NA SAIDA DISE CALLEXÓN. A SORTE CHAMA A MAIS SORTE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario