lunes, 23 de enero de 2012

A TUMBA EN BAIONA DO PIRATA "PATA DE PALO"

A tumba de thomas de mothuax, o famoso Pirata “Pata de palo”.

Non viñan coa bandeirola negra, nin a sacaron en toda a súa estancia. Chegaran coa rosa propia da familia Láncaster, de Inglaterra, e sendo terra irmá e de cristiáns, deu o comendador permiso para instalar no peirao ás cinco naves que viaxaban baixo o pabellón británico.

Conta a lenda que o comendador, Don Lopo Castro de Vasconcelhos, home groso, larpeiro, pouco traballador, e pouco querido polo pobo,  sen prestar atención ó seu traballo (que precisamente era comprobar in situ as naves que chegaran ó porto, a súa tripulación, pabellón e situación, para logo aceptar ou denegar a entrada no porto), deu aceptación á solicitude xa que estaba comendo uns doces que facían as monxas do mosteiro de clausura, e que de tanto que lle gostaban molestáballe que o interromperan con minucias.

Tal foi seu erro nese intre,  e tan lendaria a súa glotonería cos famosos pasteliños, que deron en ser chamados pola xente do pobo as encomendas de Baiona, e a súa fama extendida polas Españas enteiras.

Deu, pois, permiso Don Lopo para a entrada dos buques da casa de Lancaster no porto de Baiona. Estaba daquela a fortalezade Monte Real pouco mais adiantada nas súas obras, pero en previsión do risco de ataques e de piratas os reis casteláns dotaron ós postos de guardia do castelo de numerosos cañóns e de tropas que facían difícil flanquear a entrada ó porto, non sendo con permiso do comendador.

Chegados a porto, os de Lancaster cambiaron o pabellón, e os baioneses houberan pagado por ver a enseña negra no mastil da primeira nao, chamada Black Duck, xa que no mástil principal dista ondeou a chamada Red Jack; a bandeirola vermella, que significaba abordaxe sen cuartel, é decir, que todos os que estiveran no alcance das armas de dos cañons da nao e seus tripulantes  serían mortos de inmediato, sen miramientos.

Sabida a violencia dos piratas ingleses, os baioneses acantoáronse en sagrado, e recollidos nas igrexas agardaban o fin da contenda. Os de lancaster arrasaron caseque tódalas vivendas do pobo, as obras da  fortaleza, da que todos os soldados foron mortos e os canóns inutilizados, e a casa do comendador, que foi rendido sen loitar, en cobarde posición, tras poñer os piratas a mil arqueiros ás portas da vila, para asustar á resistencia e evitar a fuxida de Don Lopo.

Naqueles intres non se sabía, pero os entonces duque de Láncaster tomarapor abordaxe sorpresa as cidades de  A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo e por suposto, Baiona, para fortalecer ás súas reclamación sober a coroa de Castelas.

 A toma de baiona deixáraa nas mans dun dos seus comandantes, o Lord Thomas Motuax, mariscal de campo impetuoso e salvaxe, nomeado pola súa tropa Jambe de Bois (pata de palo), xa que logo perdera unha das súas extremidades nunha das súas moitas victoriosas campañas navais á orde da coroa inglesa. Para os baioneses, inspiraba temor o só nome do pirata Pata de Palo, salvaxe no seu  trato coa cidadanía.

 Pronto o duque de Láncaster deu orde de suavizar o status de Baiona, dado que non quería espertar a ira do que esperaba fora seu pobo, pero Motuax actuaba con violencia e cunha política do terror, executando a todos aqueles que consideraba foco de levantamentos e intrigas. Ate unha palabra mais alta ca outra podía ser considerada como motivo de morte.

Contan que das vinte tabernas que existían en Baiona, somentes dúas quedaron en activo, polo medo imperante a saír das propias vivendas, a pesaren do gusto polo vagar dos mariñeiros e veciños da plaza.

As negociacións do de Lancaster levaban bo término, pero non contara cós baioneses, diferentes do seu comendador, e esta vez sí, pouco dóciles a pesar do medo.

Motuax, dado que a fortaleza era moi incómoda, instalou ó pie das murallas o seu campamento, xa que non gostaba de residir nas naos, e tiña unhas tendas de campaña que eran coma un palacio, a tenor do que contan os textos da época. Así que instalado nun llano entre as praias da Cuncheira e Os Frailes, e dende alí exercía o seu gobernado medo e do terror.


Unha noite escura, un grupo de conxurados tomou un cañón, e comezou a disparar cara os propios muros da fortaleza. Situados dende un dos puntais do baluarte da muralla (hoxe coñecido como a “pirámide” do parque da Palma, onde se atopa o Monumento de encontro entre os dous Mundos), a súa  idea era clara: derribar os muros para sepultar o campamento dos ingleses, con Motuax á cabeza, e acadar por fin un levantamento que liberase á vila.

Conseguido tomar o bastión, xa que os ingleses endexamais esperaran a valentía dos veciños do pueblo, e tiñan pouco defendida a muralla da fortaleza en obras, mediante fortes disparos dun cañón roubado provocaron un derrubamento que acabou co campamento dos piratas. Morto o mariscal Jambe de Bois, e boa parte dos seus soldados que alí se atopaban, os ingleses non pudieron resistir ás ansias de venganza dos veciños.

Isa foi a primeira e única vez que na fortaleza ondeou outra  bandeira que non fose a dos reinos sucesivos de España. Izouse un pano vermello, tal coma fixeran os de Lancaster, e todos os soldados ingleses foron mortos no intre no que foron tomados, sen cuarten nin prisioneiros.

Contan que nas rúas baronesas goteaba o sangue, e que foi unha xornada de loucura colectiva. Os buques ingleses foron derribados a cañonazos, e aínda hoxe descansan na bahía, pouco máis adiante do espigón, chamado a Doca.


O Duque de Láncaster, instalado na toma en A Coruña, recén enteirado da nova, temendo un levantamendo do resto de portos galegos, aceptou as condicións dos comendados casteláns, aínda non malas para as súas ambicións (xa que casaba unha filla, Catalina, co príncipe de Castela, co que en futuro sería pai da raía) co control garantido do comercio no Atlántico.

 Foron éstes os primeiros Príncipes de Asturias, en imitación do título de Príncipes de Gales que ostentaban os herdeiros en Inglaterra.

Fuxiron todos os piratas ingleses, que en poucas xornadas tomaran os principias portos de Galicia, e puxeron en xaque a alta política castelana. Todo gracias ó levantamento do pueblo  de Baiona, contra a furia terribe do Pirata-Mariscal Pata de Palo.

Paseando, paseniño e sen prisas, aínda podes ver o gran número de pedras, hoxe cantos rodados pola acción erosionadota do mar e do vento, que se apilan pasada a cuncheira, den de as murallas novas da fortaleza, prisión e tumba dos piratas. Asimismo, en días de auga clara, e chegando ó final da doca, podes ver as sombras do que no seu día foron os catro buques que, repletos de soldados coa rosa vermella de Lancaster, tomaron baiona a lume e sangue.

Así póñense hoxe en día, nas noites de verám, os xóvenes de leria e farra, xusto onde comeza o paseo novo derredor do castelo. Só cómpre preguntarlles e todos afirmarán ter escoitado, trauguido polo forte vento que alí corre dende o mar cara da terra firma, fortes lamentos e berros. Son éstes o último testemuño dos moitos soldados e mariños ingleses, sepultados e mortos no derrubo dos muros da fortaleza, que se laian do seu lar eterno, lonxano á súa terra e que atormentan por sempre ó maldito mariscal Pata de Palo, alí tamén encarcelado, cuia ira e crueldade os levaron ate un final tan terrible.

E cada vez que pases por ise paseo e sople o vento do norte, non vos extrañedes se un escalofrío percorre vosas espaldas e nucas, namentres vos parece escoitar un lonxano laiamen das almas insepultas dos piratas Lancaster, pregando unha oración pola súa redención, e polo fin do seu vagar eterno nas beiras do castelo cuyas pedras lles deron fin e sepultura maldita e lendaria, na lonxana vila de Baiona.

No hay comentarios:

Publicar un comentario